Quen nos ía dicir que aqueles dous rapaces vieneses que descubriron aquelas cámaras rusas tan chusquiñas nun rastro naquela recente República Checa (1996),ían facer que NOITES ABERTAS de 2009 adicase algunhas destas noites a lomografiar polas rúas!!
Espero que esteades desexando que chegue o vindeiro sábado para seguir coa vosa visión lomográfica da cidade! e os que aínda non experimentaron o poder xogar coa "aparente realidade" que non dubiden en achegarse e intentalo con nós, unha das características que ten que ter un bó lomógrafo é a facilidade de relacionarse con todo iso que o rodea, xa sexa un can ou unha farola, canto máis con aqueles que se queren unir a experimentar con algunha das nosas cámaras, xa sexa a nosa LOMO Lc-a, a nosa ollo de peixe, a ACTION SAMPLER ou a humilde HOLGA PINHOLE!
Velaquí algunhas das lomografías que fixéstedes (estiven a puntiño de enviar unha ó programa de IKER JIMÉNEZ)
Non esquezades levar trípode para o próximo día todos aqueles que poidades, xa que na nosa primeira saída fomos demasiado optimistas no tocante á luz!!
E ti, Pedro, non esquezas levar a túa DIANA, que che teño un regaliño para o vindeiro sábado!!

LOMO ON!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario