miércoles, 27 de mayo de 2009

E veña premios!! comprobade na lista se sodes un dos afortunados (coma mín).
Non esquezades que o vindeiro sábado día 30 temos unha cita coa CHICHARRA!!!
espero vervos a todos alí... e por certo aínda non vexo comentarios sobre a exposición de LOMO que tedes no local de música, espero que non sexa porque aínda non pasastes por alí!!

domingo, 17 de mayo de 2009

EXPOSICIÓN LOMO

Moz@s non esquezades que tedes a exposición das mellores lomografías feitas durante o obradoiro de LOMO. Estará no LOCAL DE MÚSICA (ó lado da estación de tren).

botádelle un ollo! dende o 15 de maio ata o 15 de xuño estarán alí as lomografías para que as poidades criticar!!

Noraboa a todos aqueles que participástedes, espero "pillarvos" polas rúas con esas "cámaras raras" das que xa falan por Pontevedra!

viernes, 8 de mayo de 2009

Non esquezades que hoxe hai cociña de novo!! xa vedes como se puxeron as botas na sesión pasada!! Eu tiven a sorte de poder probar un pouquiño de cada eh...mmmm...dígovos que estaban de pinga!

Isto é ideal para que as festas en "piso de estudante" resulten un chisco máis "sofisticadas" e poidades sorprender ós vosos colegas.

Achegádevos esta noite...¿a ver que máis podemos aprender a facer na cociña?

martes, 5 de mayo de 2009

3º sorteo noites


Aquí vos teño o listado dos premiados neste terceiro sorteo de noites, noraboa a todos aqueles que resultastedes premiados (coma min desta vez!)e non esquezades que "Noites" seguirá repartindo regalos no próximo sorteo!