jueves, 26 de marzo de 2009


Velaquí unha dobre exposición, si si, "habelas hailas"!
Malia que estabades todos reacios a probar algo diferente a "premer o botón" e bota a correr.. vexo que alguén se decidiu a probar, e con moi bo resultado, todo sexa dito de paso.
A ver se o próximo día que saiamos á rúa vos animades coas dobres exposicións, xa vedes os resultados!
De tódolos xeitos non esquezades que o próximo día estaremos na aula de informática, dándolle uns toques lomográficos ás nosas fotos dixitais, é dicir "NON ESQUEZADES TRAER FOTOS" para darlles esas cores saturadas, viñeteados...incluso algunha dobre exposición inventada, aínda que non é o mesmo. Ademais cabe dicir que imos en contra das regras lomo!! pero haberá que adaptarse a era dixital digo eu...

miércoles, 25 de marzo de 2009

O Rei da Pista!

O 21 de marzo participaron 12 equipos na actividade de fútbol sala no Multiusos. Foron 61 mozos de entre 12 e 25 anos, animaránse algunha vez as mozas??, quizáis deberíamos pensar en facer "A RAÍÑA DA PISTA"! pero que mellor satisfacción que darlle unha malleira ós rapaces xogando ó futbol sala??
MOZAS NON DUBIDEDES EN SACÁRLLELO TRONO!!

Ao longo de dúas horas, xogáronse dez partidos en cada pista!!
Lembrade que a próxima cita será o vindeiro sábado no campo de herba sintética da Xunqueira con fútbol 7 a partir das 22 h, admítense mozos, mozas e demáis familia, sempre e cando teñan entre 12 e 30 anos (abstéñanse os que non queren pasalo ben suando a camiseta).

martes, 17 de marzo de 2009

miércoles, 11 de marzo de 2009

next one lomo!



Se vedes un sábado pola noite a alguén facendo o que fai a rapaza da foto, non pensedes que se atopa mal e que tivo unha "pequena indixestión",nooon! seguramente é unha "lomógrafa" en toda regra que vai en busca do mellor ángulo para facer a súa "lomografía".

lunes, 9 de marzo de 2009



Sen comentarios!!
deixando abraiada á xente na rúa!!

QUEN DIXO OURO??


Queredes estar guapisim@s para calquera acto oficial sen perder a vosa personalidade?? ou simplemente para que vos miren abraiados pola rúa??. O mellor é confeccionar a nosa xoia persoal con feltro! deixemos que os demais vexan o que nos define botando man da nosa imaxinación e creatividade...

Como auténticos cabaleiros (e señoritas)!


Xa deu comezo, tamén, o tan esperado obradoiro de esgrima; non sabemos se é pola simpatía dos seus monitores ou se realmente os mozos e mozas de Pontevedra queren divertirse con algo que non sexa o novo xogo da "Play" ou outro dos simulacros da "wii"...(tal vez sexan as dúas cousas,je), pero o que si é certo é que o éxito desta actividade é evidente, contando no seu primeiro día con 19 participantes!!. Achégate se non o probaches aínda...

FIIIIIIITBAAAAALLL!!!





Non sabedes o relaxante que pode chegar a ser sentir que flotaaadeeesss!! grazas á máxica bola de "fitball"!! tal vez o feito de que este obradoiro non estea no mesmo centro da cidade nos faga ser un chisco máis preguiceiros á hora de achegarmos ao pavillón multiusos, pero, merece a pena!
Esquecede un ratiño as clases, relaxádevos outro anaquiño coa axuda d@s nos@s monitor@s de "fitball" e estaredes listos para saír con moitísima máis enerxía!!

miércoles, 4 de marzo de 2009

LOMO ON!







Quen nos ía dicir que aqueles dous rapaces vieneses que descubriron aquelas cámaras rusas tan chusquiñas nun rastro naquela recente República Checa (1996),ían facer que NOITES ABERTAS de 2009 adicase algunhas destas noites a lomografiar polas rúas!!
Espero que esteades desexando que chegue o vindeiro sábado para seguir coa vosa visión lomográfica da cidade! e os que aínda non experimentaron o poder xogar coa "aparente realidade" que non dubiden en achegarse e intentalo con nós, unha das características que ten que ter un bó lomógrafo é a facilidade de relacionarse con todo iso que o rodea, xa sexa un can ou unha farola, canto máis con aqueles que se queren unir a experimentar con algunha das nosas cámaras, xa sexa a nosa LOMO Lc-a, a nosa ollo de peixe, a ACTION SAMPLER ou a humilde HOLGA PINHOLE!

Velaquí algunhas das lomografías que fixéstedes (estiven a puntiño de enviar unha ó programa de IKER JIMÉNEZ)

Non esquezades levar trípode para o próximo día todos aqueles que poidades, xa que na nosa primeira saída fomos demasiado optimistas no tocante á luz!!

E ti, Pedro, non esquezas levar a túa DIANA, que che teño un regaliño para o vindeiro sábado!!

LOMO ON!!

REPARTINDO PREMIOS!!


Gañadores do 1º sorteo de Noites Abertas.

Coma eles, ti podes participar nos sorteos de Noites Abertas que se celebran cada mes.O premio consistíu en cadansúa sudadeira pero tamén se sortearon camisetas e bonos de 30 € para mercar libros.
Se aínda non tes o teu carné de socio/a de Noites Abertas faino canto antes nas actividades ás que acudas. Axiña celebraremos o segundo sorteo, que será o 28 de marzo.
Tamén podes asistir aos sorteo no lugar e hora indicados no programa de actividades e se tes sorte, recoller alí mesmo o teu premio.
Sorte!!! :-)