
Xa deu comezo, tamén, o tan esperado obradoiro de esgrima; non sabemos se é pola simpatía dos seus monitores ou se realmente os mozos e mozas de Pontevedra queren divertirse con algo que non sexa o novo xogo da "Play" ou outro dos simulacros da "wii"...(tal vez sexan as dúas cousas,je), pero o que si é certo é que o éxito desta actividade é evidente, contando no seu primeiro día con 19 participantes!!. Achégate se non o probaches aínda...
No hay comentarios:
Publicar un comentario