domingo, 12 de abril de 2009

Estou sorprendida, de este sábado pasado sairon cousas moi intesantes verdade?? é unha pena que isto estea chegando ó seu final... o próximo día será o último que "lomografiemos" a cidade. Xa que logo, o que nos queda, é editar,organizar e decidir o deseño da nosa exposición!

domingo, 5 de abril de 2009


Xa deu comezo iso dos "grafacólitos" e con moi boa aceptación, como podedes ver estes xa son uns artistas en potencia.
Os de "lomo" aparecemos de intrusos na súa faena e fixemos a nosa pequena reportaxe lomográfica, veremos os resultados a vindeira semana (espero dobres exposicións!).
Aquí estes "mataos" que pintan con "esprais" e nos pintamos coa luz!je. É broma, a estas alturas ninguén pode dubidar que o graffiti é esa arte que non pode estar pechada ,que temos o privilexio de poder mirar sen ter que ir a ningún museo, gracias!

viernes, 3 de abril de 2009

gañadores do 2º sorteo de noites!

Estás na lista? será porque aínda non fixeches o teu carné de socio, porque tes que ser moi gafe (coma min) para que non che toque unha sudadeira!
Se aínda non sodes socios, non sei a que esperades, é gratis!! quedan aínda sorteos por facer, e non esquezades que no último sorteo entran en xogo dúas viaxes interrail!!

P.D. Hoxe comeza o obradoiro de graffiti! xa o estabades desexando eh! pois veremos que "artistadas" saen de aí!