viernes, 27 de febrero de 2009

Aberta inscrición para os obradoiros de erotismo e sexualidade do "Quérote"


Se tes entre 16 e 30 anos xa podes inscribirte no OBRADOIRO AFECTIVO-SEXUAL do "Quérote" para o día 6 de marzo ás 21 h. na Casa Azul.

E, ti moza, se tes entre 18 e 30 anos, tamén podes incribirte no OBRADOIRO DE EROTISMO PARA MULLERES que será o día 13 de marzo a partir das 22 h. tamén na Casa Azul

Inscríbete chamando a Xuventude no 986 840367 (de luns a venres de 9 a 15 h.) ou a través do mail a xuventude@concellopontevedra.es

jueves, 26 de febrero de 2009

Encontrámonos con Celso Bugallo en Noites Abertas



CELSO BUGALLO, gañador dun Goya ao mellor actor de reparto por "Mar adentro" estivo en Noites Abertas conversando con nós sobre a súa experiencia cinematográfica. Con el falamos de cinema, de directores, actores, actrices ... e sobre todo, das súas anéctodas e experiencias nas rodaxes de películas tan coñecidas como "Mar adentro", "Los Lunes al Sol", "La noche de los girasoles", "Salvador", e a súa última estrea, a premiada "Cenizas del Cielo".
Tamén nos falou das súas últimas rodaxes, “Agallas” con Carmelo Gómez, e de “La isla interior”con Candela Peña, filmes que se estrearán en breve. Celso, vive en Pontevedra dende hai case vinte anos e contounos que se atopa moi a gusto nesta cidade e coa súa xente; que lle gusta que o paren pola rúa para falar do seu traballo.
Moitas grazas Celso polo rato tan agradable que compartiches con nós e noraboa polos teus éxitos.

domingo, 15 de febrero de 2009

Noites comeza!






Despois de pasar as fins de semana a vagar polas rúas sen ter que facer, por fin chega Noites!!
A verdade é que custa elixir actividade...a gran vantaxe é que podemos pasear polas rúas de Pontevedra e decidir polo camiño xa que non temos que reservar praza, simplemente, deslizámonos na actividade que nos peta nesa fin de semana, coma quen entra nun "garito"(neste caso de boa fama), e logo a pasalo ben e a coñecer xente.
Ó parecer este venres pasado no obradoiro de "coiro" enchéronse as prazas, pero como hai alternativas ninguén quedou sen actividade no seu tempo de lecer, ademáis non debemos esquecer que quedan moitas "noites" por diante! Aproxímanse obradoiros moi interesantes!!

martes, 10 de febrero de 2009

algunha lembranza do ano pasado!




noites abertas, X edición

NOITES ABERTAS pon en marcha a súa X edición

Xa están aquí por X ano consecutivo as Noites Abertas de Pontevedra. Este ano coas actividades máis demandadas (esgrima, fútbol sala, patinaxe, abalorios, graffiti, break, skate, bailes...) pero tamén con novidades que seguro vos gustarán: obradoiros de cociña, fotografía-lomografía, erotismo, obradoiros de disfraces e de maquillaxes...

Todas as actividades son gratuítas pero has ter entre 12 e 30 anos para participar.

Atoparás máis de 50 actividades diferentes!!!


FÍSICO-DEPORTIVAS: fitball; esgrima; bádminton; pista aberta de baloncesto; patinaxe; fútbol 7: o rei da pista; fútbol sala: o rei da pista; break e exhibicións; excursión ao bowl de skate.

CULTURAIS: festival da Chicharra 2009; ruta nocturna histórico-ambiental polo Lérez con chocolatada; ruta nocturna: observación de insectos no Gafos e chocolatada; Café-coloquio con Celso Bugallo; baile: merengue, bachata, salsa, ritmos latinos, zouk, aerodance, bailoterapia; danza oriental.

FORMATIVAS: fotografía-lomografía; graffacólitos: obradoiro de graffiti; obradoiros de cociña (afrodisíaca, vexetariana, pinchos e aperitivos, masas e pastas, doces); obradoiros de informática; djembé: obradoiro percusión; automaquillaxe e autoimaxe (iniciación); automaquillaxe e autoimaxe (perfeccionamento); maquillaxes de fantasía para o Entroido; maquillaxes de envellecemento para o Entroido.

LÚDICAS: obradoiros de disfraces; de velas; xogos de mesa: trivial, party, pin pon; malabares, xogos e manualidades; abelorios & metal: bonsais; feltro: broches, pendentes e aneis, colgantes e pulseiras; coiro; tinguidura de camisetas; carteiras de cómic; obradoiro de atrapasoños; fimo: broches e colares; malabares: pelotas, cariocas e paus chinos; obradoiro de rap.

ESPECIAIS E DE DESENVOVEMENTO PERSOAL: obradoiro afectivo-sexual: "sen previa cita"; obradoiro de erotismo para mulleres; obradoiro de sexualidade e sida; masaxe de pés; masaxe tailandesa; risoterapia; arteterapia: pintura en grupo; sorteos de lotes libros, sudadeiras, camisetas e viaxes; Blog N.A.


INFORMACIÓN: www.noitesabertas.com

Coordinación do programa Noites Abertas

Departamento de Xuventude

Área de Dinamización Sociocultural e Deportes - Concello de Pontevedra

Casa Azul, rúa de Sor Lucía, 2, 3º 36001 Pontevedra

Tel. 986 840 367 Tel. fax 986 846 145 xuventude@concellopontevedra.es